Máis de 15 anos de experiencia

Avogados Urzaiz é un despacho profesional, sito no popular barrio vigués de O Calvario, onde o trato persoal e directo cos clientes é unha das súas principais características.

Formado polos Letrados Marta I. González Alonso e Ángel Guzmán Rodríguez, con máis de quince anos de experiencia profesional, o despacho traballa en estreita colaboración con profesionais de outros sectores (arquitectos, economistas, médicos, xestores, asesores fiscais... ) o que lles permite abarcar diferentes áreas e prestar un asesoramento completo aos seus clientes.

En Avogados Urzaiz prestamos asesoramento profesional en asuntos de dereito civil, accidentes de tráfico e laborais, laboral, administrativo, penal... Tanto a particulares como empresas, sociedades e comunidades de propietarios.

A meta destes profesionais é atopar a mellor solución para o seu cliente co menor custe, por iso tamén se utilizan medios extraxudiciais de solución de conflitos como a negociación e a mediación.

Avogados Urzaiz

Póñase en contacto con despacho de Avogados Urzaiz e facilitarémoslle unha cita.